Este ano abalamos

Este ano abalamos
Os cartos públicos deberían ser para o ensino público

miércoles, 30 de noviembre de 2011

A Consellería insiste e que está a espera da posta a disposición do solar.

Por parte da nosa Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña, recibimos copia da resposta que dá o Sr. Oitaven, secretario xeral técnico da Consellería de Educación da Xunta de Galicia diante do escrito de apoio á nosa reivindicación por parte do presidente de dita FAPA.

Nese escrito o Sr. Oitaven, sinala:

"Recibido nesta Administración o seu escrito de apoio ás reivindicacións da ANPA do CEIP "Sada y sus Contornos" do pasado 16 de novembro, este departamente ponse en contacto con vostede para expresarlle A VONTADE DESTA CONSELLERÍA E DA XEFATURA TERRITORIAL, de buscar unha solución conxunta ante a NECESIDADE DE ABORDAR A AMPLIACIÓN DAS INSTALACIÓNS EDUCATIVAS pero, como vostede sabe, PARA PROCEDER A ESA AMPLIACIÓN CÓMPRE QUE PREVIAMENTE SE REALICEN POR PARTE DO CONCELLO DE SADA A OFERTA DE SOLARES...".

O Sr. Anido, máis temprano que tarde, tendrá que afrontar a revisión dunha decisión que pretende profundizar na desigualdade dos nosos fillos e fillas.

AMPLIACIÓN, XA!

No hay comentarios: