Este ano abalamos

Este ano abalamos
Os cartos públicos deberían ser para o ensino público

jueves, 17 de noviembre de 2011

Asamblea-peche no colexio.

A ANPA do CEIP “Sada y sus Contornos”, unha vez recibida a comunicación da Xunta Electoral Provincial, axusta e mantén a convocatoria de asamblea-peche, no colexio, para o venres, día 18, entre as 19:00 h. e as 23:59 h.


Onte, as 16:35 h., rexistramos na Sudelegación do Goberno unha nova Comunicación, axustando a acción reivindicativa aos requerimentos da XEP, na que sinalamos:


“Con data de hoxe, 16 de novembro, ás 14.30 horas a Xunta Electoral Provincial informounos de que non nos permite realizar o peche no colexio durante a xornada de  reflexión, que habíamos comunicado a ista subdelegación o pasado día 15, co número de rexistro, 22504/RG 3982548.
Non estamos de acordo coa resolución nin cos argumentos esgrimidos, sen embargo, acatamos como non pode ser doutro xeito, esta decisión e faremos o peche de 19.00 ás 23.59 do día 18.
Trátase dunha reunión pacífica, na que reivindícase a ampliación do colexio, polo que consideramos que enmárcase dentro do lexítimo dereito de reunión e manifestación”.

O lema da convocatoria era e é o seguinte:

“NON MÁIS ENGANOS, AMPLIACIÓN DO COLEXIO, XA! POLA ESCOLA PÚBLICA”

O acceso a educación e a cultura, sin discriminacións, en igualdade, son obxectivos permanentes que non se compadecen da desidia e a irresponsabilidade das administracións implicadas. Nós así o creemos na defensa do desenvolvemento efectivo dos dereitos sociáis básicos.

O alcalde, Ernesto Anido, aínda non respostóu siquera as solicitudes de reunión que foran rexistradas formalmente pola ANPA o pasado 15/10 nin a realizada polo Consello Escolar, nunha Declaración histórica, o pasado 3/11.

A Consellería de Educación, que sempre mantivo á ampliación como a mellor solución para paliar o histórico déficit dotacional do colexio, e ista comunidade escolar, -que somos as outras dúas partes do compromiso coa ampliación acadado-, non sabemos oficialmente das intencións do goberno bipartito de Sada, (PP-PDSP). Nada máis do que Ernesto Anido declara aos medios de comunicación social. O señor Anido, ten que dar a cara diante dos cidadáns de das institucións.

Reiterámoslle ao Sr. Anido, o chamamento á reflexión, á responsabilidade e ao diálogo leal, sin trampas, sin máis enganos e en defensa do interés xeral. A razón non é negociable.

AMPLIACIÓN, XA!

No hay comentarios: