Este ano abalamos

Este ano abalamos
Os cartos públicos deberían ser para o ensino público

jueves, 17 de diciembre de 2009

FESTA DE NADAL 2009



Este sábado, día 19 as 17:00 no pavillón municipal de Sada...


¡ven a xogar con nós!   
              
     Haberá "hinchables"    
                                         
 Faremos obradoiros


         Sortearemos agasallos
                                
Visitaranos un mensaxeiro Real (tráelle a túa carta).


  
LEMBRADE:
  • Día: o Sábado
  • Hora: pola tarde, entre as 17:00 é as 21:00 horas
  • Ónde: no pavillón municipal de Sada.
  • Para quén: para todolos nenos de Sada.
  • Prezo da entrada: 1 euro (a entrada inclúe un número para o sorteo)
Organiza: ANPA As Mariñas do CEIP Sada y sus contornos
Colaboran: Concello e Comercios  de Sada.




ANPA As Mariñas.

martes, 15 de diciembre de 2009

Suspensión de clases mañá



15/12/2009: URXENTE: A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro.

  Por favor permanecede atentos as novas dos diferentes medios de comunicación.
Un saúdo.

sábado, 31 de octubre de 2009

viernes, 30 de octubre de 2009

Festa de outono: a orixe da cabaza do Halloween

  Contan as lendas celtas que  un avaro e bronco  irlandés, chamado Jack, tivo a mala fortuna de atoparse co diaño nunha taberna, na Noite de Bruxas.  Jack, coñecido borracho, había bebido moito pero puido enganar ao diaño ofrecéndolle a súa alma a cambio dun último grolo. O diaño transformouse nunha moeda para pagarlle ao camareiro, pero Jack rapidamente tomouna e púxoa no seu moedeiro. Como Jack tiña unha cruz no seu moedeiro, o diaño non puido volver á súa forma orixinal. Jack non deixaría ir ao diaño ata que lle prometese non pedirlle a súa alma en 10 anos. O diaño non tivo máis remedio que concederlle a Jack a súa reclamación. Dez anos máis tarde, Jack reuniuse co diaño no campo. O diaño ía preparado para levar a alma de Jack, pero Jack pensou moi rápido e dixo: "Irei de boa gana, pero antes de facelo, traeríasme a mazá que está nesa árbore por favor?". O diaño pensou que non tiña nada que perder, e dun salto chegou á copa da árbore, pero antes que o diaño désese conta, Jack xa tallara rapidamente unha cruz no tronco da árbore. Entón o diaño non puido baixar. Jack obrigoulle ao diaño a prometer que xamais lle pediría a súa alma novamente. Ao diaño non quedou máis remedio que aceptar. Jack morreu uns anos máis tarde, pero non puido entrar ao ceo, pois durante a súa vida fora un golfo, borracho e un estafador. Pero cando tentou entrar, polo menos, no espantoso inferno, o diaño tivo que envialo de volta, pois non podía tomar a súa alma (como prometera). "Onde irei agora?", preguntou Jack, e o diaño contestoulle: "Volve por onde viñeches". O camiño de regreso era escuro e o terrible vento non lle deixaba ver nada. O diaño lanzoulle a Jack un carbón aceso directamente do inferno, para que se guiase na escuridade, e Jack púxoo nun nabo que ía comendo, para que non se apagase co vento. Jack estaba condenado a vagar nas tebras eternamente.....

               Os pobos de orixe céltica, como mandaba a tradición, celebraban a o fin do verán e a chegada do inverno na noite das bruxas  baleiraban nabos e puñan carbón neles para iluminar o camiño de regreso ao mundo dos vivos aos seus defuntos máis queridos e así lles daban a benvida, á vez  que se protexíanse dos malos espíritos.

                Moitos anos despois, cando os irlandeses chegaron a América, coñeceron as cabazas e se decataron de que  eran moito máis grandes e fáciles de baleirar cos nabos. Foi desde ese tempo que ningunha persoa creceu sen coñecer un Jack-ou-lantern, o tenebroso candil de Jack.

                Esta é unha das moitas lendas da noite das bruxas celtas, celebración que se remonta hai mas de tresmil anos en toda Europa. Na nosa península esta celebración ten relevancia na franxa norte (Navarra, Euskadi, Cantabria, Asturias, Galicia, norte de Portugal, e  León). En Galicia destacan os concellos de  Cedeira e  Quiroga.

                Lonxe de todo tipo de polémica,  a celebración do  Samhaín ou Halloween (All Hallow's Eve, Víspera de todos os santos) non pretende máis que reforzar ó respecto ás nosas tradicións nunha terra  fortemente relacionada co misticismo e a cercanía cos que xa non están con nós.

       Dende esta asociación animámosvos a que istes días busquedes e contedes contos do Samaín os vosos fillos, posto que as historias tamén son unha forma de educar. 
               
                Os desexamos que este Samaín  o pasedes de medo!

                Un saúdo.



Principais fontes consultadas:               
·         que nos contou a nosa avóa
·                        http://es.wikipedia.org/wiki/Samhain
                http://es.wikipedia.org/wiki/Halloween       

martes, 29 de septiembre de 2009

Nin un paso atrás!!!

Queridos pais.
Estimados profesores.
Compañeiros doutras ANPAS públicas de Sada.
Cidadáns da Vila de Sada.

        Gracias! 



Dende aquí o noso mais profundo agradecemento a todos os que colaborástedes con nós na manifestación pola defensa dun ensino público de calidade.

Agradecemos tamén a soliedaridade de todos os conductores que se viron afectados pola nosa reivindicación así como o traballo desenrolado por parte de Policía Municipal e Garda Civil e a cobertura que, vía telefónica ou de presenza física, amosaron distintosmedios de comunicación. (Notica en La Voz de Galicia)

sábado, 26 de septiembre de 2009

Convocatoria de MANIFESTACIÓN

Queridos pais:
Estimado profesores:

En resposta á iniciativa da Confederación Gallega De APAs De Centros Públicos (CONFAPA-GALICIA), da que formamos parte, facémosvos chegar á seguinte convocatoria:

Asunto: Convocatoria de manifestación.
Data: Martes 29 de setembro
Hora: De 13:45 a 13:55

Lugar: Na entrada do colexio.

Lema: NIN UN PASO ATRÁS!


Non á eliminación da gratuidade dos libros de texto.
Non á supresión de postos laborais de profesores xeneralistas e especialistas
Non á eliminación de profesores de apoio
Non ó agrupamento de alumnos de infantil e primaria
Non ás decisión políticas sen criterios pedagóxicos nin unha análise previa da situación
Non a ignorar ás organizacións que representan á Comunidade Educativa
Pola escola pública, pola educación dos nosos fillos, porqué é a nosa responsabilidade, porque necesitamos estar unidos , porque somos quen de motivarnos pola educación dos nosos fillos...
Se non o facemos nós , quén esperamos que o faga?

Acode a manifestación.

Participar é un dereito pero tamén é un ben social

Xunta directiva.

Convocatoria da CONFAPA: http://www.megaupload.com/?d=2XEQJYNY
enlace: http://confapagalicia.org/index.php/las-nius/37-confederacion/56-circular09#comments

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Que ven a gripeeee


     Ante a preocupación amosada por moitos pais no referente a chamada nova gripe A, esta asociación acordou facer un pequeno resume do que nós entendemos da situación. Iste é un artigo de opinión e polo tanto se desexades a información oficial non vos queda outra que buscar na  páxina do SERGAS.  
      Iste é o apartado de  información para pais e nais de nenos en idade  escolar.

     Esta asociación leva dende hai un tempo seguindo a evolución da nova gripe (¿porqué lle chamarán "A"? ¿Acaso esperan para dentro dun tempo unha nova gripe "B"?)  e, cos datos que temos nestes intres,  parece ser que, en xeral, non é unha patoloxía mais preocupante que a gripe "vella", a de tódolos anos, aínda que sí mais contaxiosa.

     O virus causante da nova gripe (H1N1v) transmítese dende un día antes de que o enfermo teña os síntomas da gripe ata un día despois de que xa non os teña. Coma todos os bichiños respiratorios faino de dúas formas:  polo aire, que é como prefire  facelo el (transmisión por esas pequenas gotas que botamos ao esbirrar, tusir, falar, e que non chegan máis aló dun metro ou metro e medio...) e por contacto (directo dun enfermo ou indirecto a traves de pasamáns, vaixela, lápices, ...)
     Para evitar a transmisión hai que tomar medidas preventivas que no caso da transmisión aérea e alonxarse algo mais dun metro ou metro e medio; non toleedes co uso indiscriminado de mascarillas  se no volo recomenda o médico pois iso só ten xustificación en determinadas circunstancias e facelo mal é peor que non facelo. Para previr a transmisión por contacto, a  OMS recomenda  lavar as mans con auga do tempo (a quente estropea as máns e non é mais efectiva) e xabrón durante 40 ou 60 segundos  ou ben se as mans non están suxas, usar solucións hidro-alcohólicas para o que botaremos munha man unha pequena cantidade (unha dose) e seguiremos a mesma técnica que no lavado de mans pero ata que seque o alcohol (20 ou 30 segundos segundo a OMS).
     Os pais que temos nenos mais sensibles (o que ten asma, o que "pilla tódolos catarros do colexio", etc.) temos que estar un pouquiño máis atentos, como o estamos de cotío. E se o neno se atopa mal, pois faremos coma sempre: Será o médico e non nós quen terá que diagnosticar se ten unha gripe A ou B  ou non A non B.
    
Resumindo:
  •  Tranquilidade e sentidiño. Nos paises que xa pasaron o pico de casos (hemisferio sur) esta gripe foi menos problemática que a estacional.
  • O SERGAS ten dous teléfonos de información, un de pago e outro non 902400116 - 981953400.
Finalmente recomendamos a lectura dunha carta: http://www.elmundo.es/elmundosalud/blogs/profesionsanitaria.html
  
  Un saúdo.




A maioría da información aquí reflectida atopámola nas páxinas dos Centros para o Control de Enfermidades de Atlanta (http://www.cdc.gov/h1n1flu/espanol/ ) ou Europea ( http://ecdc.europa.eu/en/healthtopics/Pages/Influenza_A(H1N1)_Outbreak.aspx ), na da Organización Mundial da Saúde (http://www.who.int/csr/disease/swineflu/en/index.html ), na do
Ministerio de Sanidad ( http://www.msps.es/servCiudadanos/alertas/gripeAH1N1.htm) e no portal da Xunta de Galicia (http://www.sergas.es/MostrarContidos_Portais.aspx?IdPaxina=62535)
A foto de Boo e Sully ( o "monster asustado") tamén a atopamos na rede,  http://drezx.deviantart.com/art/Boo-and-Sully-16396107

sábado, 19 de septiembre de 2009

Ficha do alumno


Co fin de facilitar a xestión de datos, este ano imos introducir unha ficha única por alumno na que constará no anverso da mesma os datos dos titores e os datos para ó cobro de recibos, e pola parte traseira os datos correspondentes ó alumno. Lembrámosvos que temos que facilitar ós diferentes docentes de actividades un teléfono de contacto por alumno.
Para descargar a ficha pica no seguinte enlace:

Convocatoria de asemblea xeral de socios


Data: martes 22 de setembro

Hora: 19:30

Lugar: CEIP Sada y sus contornos, Aula de 4º de primaria.

Orde do día:

· Arranxos no Colexio. Arranxos pendentes. Ampliación .

· Comedor. Pasado presente e futuro.

· Actividades extraescolares. Novedades 2009. Cuotas. Ficha do alumno.

· Renovación da Xunta Directiva.

· Rogos e preguntas.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

Videos del Cole



Este video muestra las obras realizadas en nuestro centro con los


proyectos financiados por el gobierno. Plan E.

Comezamos!

As reformas feitas este verán no colexio conseguiron que agora semelle algo máis que un colexio con 80 anos de antigüidade. Foron levadas a cabo maiormente pola Concellería de Educación de Sada con cargo ó Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) e, en menor medida, pola Delegación Provincial de Educación. Consistiron no pintado interior e exterior do centro, arranxo de portas, renovación do valado perimetral do centro, impermeabilización do tellado, entarimado de chan na aulas de 3º de infantil, biblioteca e “laboratorio”, adecentamento das aulas de 1º e 2º de infantil mediante o illamento do tellado e cambio de tazas de váter por unhas de tamaño axeitado ós nenos. Agradecemos o traballo, que moita falta facía. E lembramos que aínda quedan cousas importantes por facer: a renovación do tellado, obra comprometida pola Consellería de Educación para levar a cabo este verán e que queda “para o ano que ven”; o arranxo da parte principal do muro exterior e da porta de entrada; a reparación dalgunha zona do patio; etc. son obras necesarias que urxen levar a cabo. Nembargante non podemos esquecer que todo isto, como dirían as nosas avoas, son remendos. O verdadeiro arranxo que necesita este colexio, e que nós esperamos ver moi pronto, a verdadeira e prometida solución ás nosas necesidades é a construción dun novo edificio. AMPLIACIÓN XA!!!

Cando escribimos estas liñas, aínda estamos pendentes de que a Xunta de Galicia renove o convenio para poder continuar servizo de comedor escolar, como se viña facendo no curso pasado. É incrible cunha administración pública paralice algo tan esencial para a conciliación familiar como o servizo de comedor. No pasado mes de abril, a Dirección do Colexio, o Concello de Sada e nós, a ANPA, iniciamos os trámites para a renovación do convenio do comedor. Tan só faltaba a redacción do texto do convenio, tarefa que lle pertence á Xunta (Consellería de Educación). Nas diferentes conversas que tivemos con eles non daban lugar a dúbida: “non hai problema” dicían. . Pero o pasado mércores pola mañá, menos de 24 horas antes do comezo do curso, comunícannos telefonicamente que “o convenio do comedor caducou e hai que facer un novo”. Que queren? A qué xogan? Acaso isto e un xogo? Tanto a ANPA e desde a dirección do colexio, estamos a nos mobilizar para que este atranco teña fin o antes posible.

Saúdos e benvidos. Comezamos.