Para aqueles que non poidestes asistir á xuntanza informativa convocada pola dirección do centro facemos un pequeno resumo dos principais puntos tratados e dúbidas xurdidas.
Qué pasou?

A obra de sustitución do tellado foi unha "promesa" da Consellería de Educación para o verán do ano pasado. Por diferentes motivos (cambio de goberno, erros de cálculo dos presupostos, ...) a obra aprazouse para este ano. O goberno local si cumpre en 2009 o seu compromiso de pintado das instalación e obras internas coma o entarimado de algunhas aulas.
Dende principios de ano a Dirección do centro recordou á Consellería a necesidade de axustar os tempos de realización da obra pois a marxe de manobra, xullo e agosto, era moi xusta para unha obra de gran envergadura e nun edificio singular, era curta. Había que comezar canto antes e por tanto a parte técnica (redacción do proxecto e solicitude dos permisos correspondentes) debería estar arranxada antes do final de curso.
Por qué ocorreu esto? Quen foi o responsable?
Porque non se cumpriron os prazos acordados para o remate da obra. A ANPA decatouse xa en xullo de que as obras non iban ao ritmo axeitado. Os contactos foron inmediatos e constantes coa Dirección do centro e coa Concellería de Educación de Sada. Embargantes non fomos quen de contactar coa Consellería ata que decidimos enviar a nota de prensa. En calquera caso a ANPA non buscou responsables, senón solucións. Froito desa búsqueda e do traballo en común das partes implicadas (Dirección de centro, Consello escolar, Concello de Sada, Consellería de Educación e a nosa asociación de nais e pais) chegamos á conclusión de que a menos mala das solucións baralladas pasaba por:
- Reubicar ao alumnado nun espazo que fose “suficiente” e que non causase trastornos a outras comunidades escolares.
- Unha vez solucionado o punto anterior, continuar coa obra de reparación do tellado ata a súa finalización definitiva. Se o primeiro punto non se cumpría, a solución proposta era rematar a parte empezada e paralizar o resto das obras.
Cando empezan as clases?
O venres 17 de setembro, unha semana máis tarde que o resto de colexios de primaria. Como as instalación son descoñecidas para o alumnado, o primeiro día vai ser unha xornada de toma de contacto coa ubicación provisional; polo tanto non é necesario nin recomendable que os nenos leven moito material escolar. Ese día está previsto que os titores den a lista de material a utilizar durante o curso.
O venres 17 de setembro, unha semana máis tarde que o resto de colexios de primaria. Como as instalación son descoñecidas para o alumnado, o primeiro día vai ser unha xornada de toma de contacto coa ubicación provisional; polo tanto non é necesario nin recomendable que os nenos leven moito material escolar. Ese día está previsto que os titores den a lista de material a utilizar durante o curso.Onde ?
Nas instalacións do Albergue de la Marina, no limite dos concellos de Sada e Bergondo, a uns 2 km do colexio.
Nas instalacións do Albergue de la Marina, no limite dos concellos de Sada e Bergondo, a uns 2 km do colexio.Sairá un autobús dende as casas dos mariñeiros en Fontán ás 8:30 horas e dous mais desde a parada de buses de Sada ás 8:45. Os primeiros día temos que estar un pouquiño antes. A partir do luns 20 os informaremos se hai reaxustes de horarios.
Podemos levar ás nenas en coche?

A entrada no recinto está prohibida para os turismos por dous motivos: Por seguridade e por organización. Podedes aparcar nas imnediacións e entra no albergue andando pero nese caso tede en en conta que os autobuses e os coches dos profesores sí teñen permitido o acceso.
Cómo son as instalacións? son seguras? non hai unha piscina?
A seguridade é a máxima preocupación de toda a comunidade escolar (Dirección, Consello escolar e ANPA) polo que extremaranse as medidas para garantila:
- Limitaranse os espazos aos que se pode acceder.
- Hai piscina pero non está autorizado o seu uso e se atopa limitada por un perímetro de seguridade formado por vallas de dous metros de alto.
- Poderedes visitar as instalacións o vindeiro Martes 21 de setembro de 16:00 á 17:00 horas. Será unha visita guiada polo titor do voso fillo.
A miña nena come no cole ¿Cómo fago?
O servizo de comedor comeza o luns día 20 de setembro.Sairá o bus do comedor un pouquiño antes que o resto, como o ano pasado para levar ós nenos a O Mosteirón. A novedade é que os nenos permanecerán en O Mosteirón ata un pouco antes das 16:00 horas onde os collerá o bus de volta á parada de Sada (non haberá parada de comedor en Fontán).
Actividades extraescolares

Ata cando vai durar este enredo?
.jpg)
Quédanme dubidas
Se tedes algunha inquietude non dubides en contactar con nós e contestarémosvos o mais axiña posible:
- Teléfonos ANPA: 675598522 675598523
- Correo ANPA: anpa.sadaysuscontornos@gmail.com
- Teléfono do colexio: 981 620 337
- Web do colexio: http://centros.edu.xunta.es/ceipdesada/
- Oficina adimisitrativa do colexio: Casa da xuventude, planta baixa.
Agradecemento:
- A ANPA agradece á Dirección do Colexio e a Concellería de Educación de Sada todo o esforzo realizado para conquerír que un inicio de curso que se presentaba nefasto poida ser levar a cabo coa maior "normalidade" que permiten as circunstancias actuáis.
- Tamén poñemos en alza a laboura feita pola Consellería de Educación (Xefatura Territorial de A Coruña) despois da xuntanza que mantivo con nós e lle brindamos de novo a nosa colaboura nos temas que atinxan a nosa comunidade escolar.


