Este ano abalamos

Este ano abalamos
Os cartos públicos deberían ser para o ensino público

viernes, 25 de junio de 2010

Non temos vacacións



Ante os acontecementos que nos esperan para o curso que ven, dende a Xunta Directiva vos informamos de que este ano tampouco nos imos de vacacións. Estamos xa a traballar nos seguintes temas:
·      Servizo de comedor.
·      Ampliación.
·      Plurilingüismo.
·      Fin de gratuidade dos libros de Texto.
·      Informatización dos CEIPS: Proxecto Abalar.
·      Actividades Extraescolares.
·      Descontos para socios da ANPA en  material escolar.

            Tentaremos ofreceros a información o mais puntual posible de dúas formas:

1.        A través deste blog.
2.        Para os que queirades un seguimento máis activo e directo estamos a crear un perfil en Facebook que contará cun grupo exclusivo para os socios da ANPA. Para solicitar acceso debedes solicitalo ó noso correo electrónico: anpa.sadaysuscontornos@gmail.com .  


Felices vacacións.

Xunta Directiva.