Este ano abalamos

Este ano abalamos
Os cartos públicos deberían ser para o ensino público

viernes, 26 de marzo de 2010

Presupostos Municipales 2010 e CEIP Sada y sus contornos


Ante a lóxica preocupación que algúns pais nos achegástedes  polas  recentes declaracións aparecidas nos diarios "La Opinión -Coruña-"e "El Ideal Gallego" nas cales a  Concelleira de Educación de Sada, Dona Raquel Bolaño  afirma que  “La Concejalía de Educación e Xuventude de Sada advirtió que sin presupuesto municipal para 2010, tendrá que renunciar a continuar con el plan de mejoras en los centros escolares  lo que le impedirá,  entre otros asuntos,  ampliar el CEIP Sada y sus Contornos y ofrecer a su alumnado el servicio de comedor,  esta asociación manifesta que  maila que o mellor xeito de  acadar os obxectivos da Concellería de Educación é contar cunha partida orzamentaria anual, está non é a  única vía. Estamos seguros, de que ten que haber outros métodos para destinar partidas orzamentarias para as necesidades educativas non só do noso colexio, senón tamén para as de toda a comunidade escolar de Sada .

En definitiva entendemos que  son declaracións que se deben entender como “informativas” cara a opinión pública de Sada pero que non implicarán  unha diminución nas melloras  que se teñen logrado nos últimos tempos no eido da Educación en Sada. En calquera caso, esta asociación fará un seguimento do tocante dos investimentos nun servizo tan esencial como é a educación dos nosos nenos e fai unha chamada a responsabilidade de todos os grupos políticos de Sada para  conquerir os compromisos que no seu día  adquiriron con esta   comunidade escolar.