Este ano abalamos

Este ano abalamos
Os cartos públicos deberían ser para o ensino público

jueves, 16 de septiembre de 2010

O voto responsable.

Setembro 2010
O voto responsable              
O pasado 3 de setembro o pleno municipal  aprobou o cambio de usos dos terreos necesarios para la ampliación do CEIP Sada y sus contornos.  O documento foi redactado por técnicos e cumpría  con todos os informes administrativos necesarios para a súa redacción. A nosa asociación fixo un chamamento ao voto responsable:  a  responsabilidade de saber que ese é o documento imprescindible para a necesaria ampliación das instalacións do colexio; a responsabilidade de saber que todos os programas electorais das pasadas eleccións municipais defenden  a necesidade  de mellorar as instalacións do  colexio e a responsabilidade de saber que a ampliación do colexio e un ben para toda a poboación de Sada posto que se trata do único colexio público no casco urbano do noso concello. O voto responsable suporía, entendíamos nós, a aprobación do documento cun gran consenso entre as diferentes forzas políticas.
O sucedido xa é coñecido por todos: oito votos a favor (do equipo de goberno), tres en contra (ASU e PDSP) e catro abstencións (PP e non adscritos); Non  se presentaron os portavoces do PP (José María Hernández Cochón) nin do PDSP (Emilio Gómez).
Entendemos e compartimos a postura dos que se pronunciaron a favor do cambio de usos posto que a ampliación das instalación do CEIP é o único xeito de conquerir un colexio urbano de calidade.
Non compartimos a postura de ASU que basea a sua negativa nunha diferente concepción do valor do solar. En calquera caso o xeito de expresala ben pode parecer que está a defender os intereses particulares frente ao ben xeral.
Aínda que na súa  intervención o edil do PP Fernando Campos respaldou a ampliación do colexio "Queremos un centro educativo en el centro y tenemos la suerte de contar con uno que es cultura y parte de la historia de Sada" ( La opinión 4 de setembro de 2010), a súa abstención parece obedecer máis a directrices do seu secretario xeral (curiosamente ausente no pleno) que ao verdadeiro interés do PP en ampliar o CEIP posto que era parte do seu programa electoral, e todas as Consellerías ( do Partido Popular de Galicia) polas que pasou o documento emitiron informes favorables.
Abstención tamén por parte dos non adscritos que sabedores de que esta é a única solución para que Sada conte cun colexio urbano optaron por “non opoñerse” ao cambio de usos da parcela.
A negativa do PDSP non é compartida nin entendida pola nosa asociación. Segundo a súa portavoz  ¿accidental?, Yolanda Ansede, “los terrenos no son los más idóneos” ,  porque coa súa recalificación  “su valor se ve reducido de forma considerable". E porque se debe “velar no sólo por los intereses públicos, sino también en ciertas ocasiones por los privados” (La Opinión 4 de setembro) opinión que é totalmente contraria á declaración de Emilio Gómez (ao igual que o secretario do PP, ausente) na que sendo “Concejal Delegado de Urbanismo del Ilmo. Ayuntamiento de Sada”  comprometíase en 2007 a adicar  esos terreos á ampliación do “Colegio Sada y sus contornos”.
En definitiva, aprobación do cambio de uso nun  pleno no que incluso as ausencias dos portavoces habituais do PP e PDSP parecen responder a un xeito de non entorpecer a xusta e necesaria dotación dunhas instalacións dignas para o colexio urbano de Sada.                                                                                
Un saúdo.
Xunta Directiva.