Este ano abalamos

Este ano abalamos
Os cartos públicos deberían ser para o ensino público

sábado, 19 de septiembre de 2009

Ficha do alumno


Co fin de facilitar a xestión de datos, este ano imos introducir unha ficha única por alumno na que constará no anverso da mesma os datos dos titores e os datos para ó cobro de recibos, e pola parte traseira os datos correspondentes ó alumno. Lembrámosvos que temos que facilitar ós diferentes docentes de actividades un teléfono de contacto por alumno.
Para descargar a ficha pica no seguinte enlace:

Convocatoria de asemblea xeral de socios


Data: martes 22 de setembro

Hora: 19:30

Lugar: CEIP Sada y sus contornos, Aula de 4º de primaria.

Orde do día:

· Arranxos no Colexio. Arranxos pendentes. Ampliación .

· Comedor. Pasado presente e futuro.

· Actividades extraescolares. Novedades 2009. Cuotas. Ficha do alumno.

· Renovación da Xunta Directiva.

· Rogos e preguntas.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

Videos del Cole



Este video muestra las obras realizadas en nuestro centro con los


proyectos financiados por el gobierno. Plan E.

Comezamos!

As reformas feitas este verán no colexio conseguiron que agora semelle algo máis que un colexio con 80 anos de antigüidade. Foron levadas a cabo maiormente pola Concellería de Educación de Sada con cargo ó Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) e, en menor medida, pola Delegación Provincial de Educación. Consistiron no pintado interior e exterior do centro, arranxo de portas, renovación do valado perimetral do centro, impermeabilización do tellado, entarimado de chan na aulas de 3º de infantil, biblioteca e “laboratorio”, adecentamento das aulas de 1º e 2º de infantil mediante o illamento do tellado e cambio de tazas de váter por unhas de tamaño axeitado ós nenos. Agradecemos o traballo, que moita falta facía. E lembramos que aínda quedan cousas importantes por facer: a renovación do tellado, obra comprometida pola Consellería de Educación para levar a cabo este verán e que queda “para o ano que ven”; o arranxo da parte principal do muro exterior e da porta de entrada; a reparación dalgunha zona do patio; etc. son obras necesarias que urxen levar a cabo. Nembargante non podemos esquecer que todo isto, como dirían as nosas avoas, son remendos. O verdadeiro arranxo que necesita este colexio, e que nós esperamos ver moi pronto, a verdadeira e prometida solución ás nosas necesidades é a construción dun novo edificio. AMPLIACIÓN XA!!!

Cando escribimos estas liñas, aínda estamos pendentes de que a Xunta de Galicia renove o convenio para poder continuar servizo de comedor escolar, como se viña facendo no curso pasado. É incrible cunha administración pública paralice algo tan esencial para a conciliación familiar como o servizo de comedor. No pasado mes de abril, a Dirección do Colexio, o Concello de Sada e nós, a ANPA, iniciamos os trámites para a renovación do convenio do comedor. Tan só faltaba a redacción do texto do convenio, tarefa que lle pertence á Xunta (Consellería de Educación). Nas diferentes conversas que tivemos con eles non daban lugar a dúbida: “non hai problema” dicían. . Pero o pasado mércores pola mañá, menos de 24 horas antes do comezo do curso, comunícannos telefonicamente que “o convenio do comedor caducou e hai que facer un novo”. Que queren? A qué xogan? Acaso isto e un xogo? Tanto a ANPA e desde a dirección do colexio, estamos a nos mobilizar para que este atranco teña fin o antes posible.

Saúdos e benvidos. Comezamos.