Este ano abalamos

Este ano abalamos
Os cartos públicos deberían ser para o ensino público

jueves, 27 de octubre de 2011

Nota de Prensa 27 de outubro de 2011

Unha representación da ANPA do CEIP “SADA Y SUS CONTORNOS”, asístíu ao Pleno municipal de hoxe en Sada onde, con estupor e indignación acreditamos a falla de compromiso e responsabilidade do actual goberno municipal ao non considerar urxentes as mocións presentadas sobre a situación da Educación en Sada e a negativa a respostar as preguntas realizadas por voceiros dos grupos da oposición sobre a ampliación do noso colexio.

Por parte da representación da nosa asociación, ao final do Pleno, se lle reclamóu ao señor Anido a resposta pendente ao noso colectivo diante da solicitude de reunión urxente presentada no Rexistro municipal o pasado día 15 que non fói respostada aínda. O Sr. Anido, agora tampouco fói quen de fixar unha data de reunión, xa que “aínda non ten nada que dicirnos”.

Para nós é evidente que unha vez estragada a vía da expropiación por parte deste goberno municipal, deixando caducar o expedente aberto.

Despóis de impedir, por inación, o compromiso da Consellería de Educación da Xunta de provisionar unha partida para financiar o estudo do proxecto da ampliación do noso colexio na proposta de Orzamentos 2012 que acaban de entrar no Parlamento.

Despóis de enganos, dilacións e máis tretas, inconcebibles nun responsable político, seguimos sin saber que pretenden facer coa nosa comunidade escolar os señores Anido e Rodriguez Ares.

Por elo, e dando cumplimento aos acordos da asemblea de nais e pais, temos convocada para mañán, unha MARCHA POLA 1ª PEDRA da ampliación do noso colexio, que sairá do centro a partires das 14:00 horas, onde xunto aos nosos fillos e fillas, mestres e mestras, as nais e pais de alumnos faremos entrega dun ladrillo dirixido ao goberno bipartito (PP+PDSP), na Casa do Concello, pola súa nula sensibilidade coa históricamente inxusta situación de infradotación educativa no noso colexio que veñen sonfrindo os alumnos e alumnas do máis antigo e único colexio urbano do concello, o de “Sada y sus Contornos”.

AMPLIACIÓN, XA!

NON MÁIS ENGANOS, “SADA Y SUS CONTORNOS”, SOLUCIÓN!

EDUCACIÓN, SÍ; ESPECULACIÓN, NON!


ANPA CEIP “Sada y sus contornos”

Avda. Sada e contornos, s/nº

15160 – Sada.

anpa.sadaysuscontornos@gmail.com