Este ano abalamos

Este ano abalamos
Os cartos públicos deberían ser para o ensino público

miércoles, 30 de noviembre de 2011

O Alcalde non ten nada que dicir...


Adxuntamos ligazón do reportaxe sobor do noso colexio publicado hoxe, día 30, no telexornal de TVE-1. Trátase a partires do minuto 7'25"
O señor alcalde, (¡inaudito!), declara que non ten nada que dicir... É unha mostra más da degradación democrática no noso concello.

En todo caso, nós non imos parar porque temos a razón e o dereito e nin dereito ou a razón son negociables.
Ampliación xa!
Xunta Diretiva ANPA "As Mariñas"

A Consellería insiste e que está a espera da posta a disposición do solar.

Por parte da nosa Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña, recibimos copia da resposta que dá o Sr. Oitaven, secretario xeral técnico da Consellería de Educación da Xunta de Galicia diante do escrito de apoio á nosa reivindicación por parte do presidente de dita FAPA.

Nese escrito o Sr. Oitaven, sinala:

"Recibido nesta Administración o seu escrito de apoio ás reivindicacións da ANPA do CEIP "Sada y sus Contornos" do pasado 16 de novembro, este departamente ponse en contacto con vostede para expresarlle A VONTADE DESTA CONSELLERÍA E DA XEFATURA TERRITORIAL, de buscar unha solución conxunta ante a NECESIDADE DE ABORDAR A AMPLIACIÓN DAS INSTALACIÓNS EDUCATIVAS pero, como vostede sabe, PARA PROCEDER A ESA AMPLIACIÓN CÓMPRE QUE PREVIAMENTE SE REALICEN POR PARTE DO CONCELLO DE SADA A OFERTA DE SOLARES...".

O Sr. Anido, máis temprano que tarde, tendrá que afrontar a revisión dunha decisión que pretende profundizar na desigualdade dos nosos fillos e fillas.

AMPLIACIÓN, XA!