Este ano abalamos

Este ano abalamos
Os cartos públicos deberían ser para o ensino público

viernes, 27 de agosto de 2010

Un ano máis, o curso escolar non empezará con normalidade no CEIP Sada y sus contornos.

     Bos Días:
En relación ás palabras publicadas en “La Opinión” do pasado xoves 26 de agosto segundo as cales “La Xunta destacó ayer que proyecta las obras en los centros educativos en verano para que estén listas para el inicio del curso escolar, ´para el que todavía faltan 15 días´" dende a nosa asociación queremos facer algunhas puntualizacións:

-A obra de reparación do tellado do CEIP Sada y sus contornos foi comprometida para o verano pasado pero a execución retrasouse ata o 2010. Non entendemos pois porque non comezou ata un mes e medio despois do remate do curso pasado pois supoñemos ou queremos supoñer que se fixeron todos os trámites pertinentes.

-Non sabemos de onde saca os números a Consellería para afirmar que “faltan 15 días” posto que o único documento ó respecto que atopamos é a Orden de 3 de junio de 2010 DOG nº 112 do 15 de xuño que di que “El curso académico abarcará desde el día 1 de septiembre de 2010 hasta el 31 de agosto de 2011” polo que en menos dunha semana o colexio debería estar listo para o mencionado inicio de curso.

- Efectivamente nese mesmo documento, asinado polo Concelleiro De Educación, tamén di que “las actividades lectivas se realizarán del día 10 de septiembre de 2010 al 22 de junio de 2011, ambos inclusive” Tomamos a palabra da Xunta no tocante a que as obras estén listas para o inicio das clases, pero lembramos que xa non quedan 15 días senón 13. En calquera caso a continuación axuntamos as fotos feitas hoxe ás 14:15 horas:

Cubertas aínda sin desmontar.



Única cuberta desmontada.



Se observa que dentro do edificio non hay mais que andamios e cobertores plásticos pero para A Consellería de Educación, "aínda quedan 15 días".

 Continuaremos obxectivando neste espazo web o ¿avance? das obras así como o tempo que queda para o inicio das clases.



- Afírmase tamén que "la jefa territorial de Educación en A Coruña, María Teresa Villaverde, se reunirá el lunes con la directiva del Sada y sus Contornos y el ANPA.”
É certo, acordou unha xuntanza coa directiva do colexio e con nós, pero acordouna onte, despois da nota de prensa que enviamos tras non recibir resposta ás numerosas peticións que dende a Comunidade Escolar do CEIP de Sada y sus contornos fixemos ao seu gabinete durante o mes de agosto. Onte falou por primeira vez con nós para nos confirmar a data e hora da xuntanza.
 
-Dende a nosa asociación, como sempre fixemos, brindamos a nosa colaboura a calquera institución que cumpra un só requisito: velar polos dereitos da nosa comunidade escolar. O único matiz é que despois de tantas e tantas promesas incumpridas, xa non creemos nas verbas senón nos feitos. E neste caso o feito e que, a pesar de que desexaríamos estar equivocados, por enésimo curso consecutivo as clases non empezarán con normalidade no CEIP Sada y sus contornos.

Un saúdo.
Xunta directiva.

miércoles, 25 de agosto de 2010

¡¡ATENCIÓN!! PROPOÑEMOS SUSPENDER AS OBRAS DO TELLADO.



Ante ó cúmulo de despropósitos que vimos observando diariamente e xa desde antes do inicio nas obras de cambio de tellado no Colexio, dende a Xunta Directiva pensamos que a única opción viable a estas alturas é rematar a parte xa desmontada e SUSPENDER o resto da obra.


Quedan 15 días para o comezo das clases (sete días para o comezo da actividade no colexio) e polo que temos constatado o remate da obra non sería antes de dous ou tres meses. E non estamos dispostos a estar ese tempo noutra ubicación e tampouco a que os nosos nenos queden na casa.


Durante o presente mes tentamos comunicar en varias ocasións co departamento da Consellería de Educación que é responsable da obra, a Xefatura territorial de A Coruña, pero de momento non obtivemos resposta. Polo tanto, con data de onte, Martes, enviamos unha nota ós medios de comunicación para que se fagan eco da nosa xustificada preocupación.


Queremos facer un chamamento ós nosos socios para que permanezan atentos ás novas que lles enviaremos vía correo, vía web e no facebook porque imos necesitar a súa implicación, e mesmo os convocaremos a unha xuntanza urxente nos próximos días no que lles explicaremos a problemática polo miudo.

Queda patente unha vez mais a desidia e incompentencia que amosa a Consellería de Educación ante o noso centro, un centro público. Abalamos?


Un saúdo.