Este ano abalamos

Este ano abalamos
Os cartos públicos deberían ser para o ensino público

sábado, 26 de septiembre de 2009

Convocatoria de MANIFESTACIÓN

Queridos pais:
Estimado profesores:

En resposta á iniciativa da Confederación Gallega De APAs De Centros Públicos (CONFAPA-GALICIA), da que formamos parte, facémosvos chegar á seguinte convocatoria:

Asunto: Convocatoria de manifestación.
Data: Martes 29 de setembro
Hora: De 13:45 a 13:55

Lugar: Na entrada do colexio.

Lema: NIN UN PASO ATRÁS!


Non á eliminación da gratuidade dos libros de texto.
Non á supresión de postos laborais de profesores xeneralistas e especialistas
Non á eliminación de profesores de apoio
Non ó agrupamento de alumnos de infantil e primaria
Non ás decisión políticas sen criterios pedagóxicos nin unha análise previa da situación
Non a ignorar ás organizacións que representan á Comunidade Educativa
Pola escola pública, pola educación dos nosos fillos, porqué é a nosa responsabilidade, porque necesitamos estar unidos , porque somos quen de motivarnos pola educación dos nosos fillos...
Se non o facemos nós , quén esperamos que o faga?

Acode a manifestación.

Participar é un dereito pero tamén é un ben social

Xunta directiva.

Convocatoria da CONFAPA: http://www.megaupload.com/?d=2XEQJYNY
enlace: http://confapagalicia.org/index.php/las-nius/37-confederacion/56-circular09#comments

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Que ven a gripeeee


     Ante a preocupación amosada por moitos pais no referente a chamada nova gripe A, esta asociación acordou facer un pequeno resume do que nós entendemos da situación. Iste é un artigo de opinión e polo tanto se desexades a información oficial non vos queda outra que buscar na  páxina do SERGAS.  
      Iste é o apartado de  información para pais e nais de nenos en idade  escolar.

     Esta asociación leva dende hai un tempo seguindo a evolución da nova gripe (¿porqué lle chamarán "A"? ¿Acaso esperan para dentro dun tempo unha nova gripe "B"?)  e, cos datos que temos nestes intres,  parece ser que, en xeral, non é unha patoloxía mais preocupante que a gripe "vella", a de tódolos anos, aínda que sí mais contaxiosa.

     O virus causante da nova gripe (H1N1v) transmítese dende un día antes de que o enfermo teña os síntomas da gripe ata un día despois de que xa non os teña. Coma todos os bichiños respiratorios faino de dúas formas:  polo aire, que é como prefire  facelo el (transmisión por esas pequenas gotas que botamos ao esbirrar, tusir, falar, e que non chegan máis aló dun metro ou metro e medio...) e por contacto (directo dun enfermo ou indirecto a traves de pasamáns, vaixela, lápices, ...)
     Para evitar a transmisión hai que tomar medidas preventivas que no caso da transmisión aérea e alonxarse algo mais dun metro ou metro e medio; non toleedes co uso indiscriminado de mascarillas  se no volo recomenda o médico pois iso só ten xustificación en determinadas circunstancias e facelo mal é peor que non facelo. Para previr a transmisión por contacto, a  OMS recomenda  lavar as mans con auga do tempo (a quente estropea as máns e non é mais efectiva) e xabrón durante 40 ou 60 segundos  ou ben se as mans non están suxas, usar solucións hidro-alcohólicas para o que botaremos munha man unha pequena cantidade (unha dose) e seguiremos a mesma técnica que no lavado de mans pero ata que seque o alcohol (20 ou 30 segundos segundo a OMS).
     Os pais que temos nenos mais sensibles (o que ten asma, o que "pilla tódolos catarros do colexio", etc.) temos que estar un pouquiño máis atentos, como o estamos de cotío. E se o neno se atopa mal, pois faremos coma sempre: Será o médico e non nós quen terá que diagnosticar se ten unha gripe A ou B  ou non A non B.
    
Resumindo:
  •  Tranquilidade e sentidiño. Nos paises que xa pasaron o pico de casos (hemisferio sur) esta gripe foi menos problemática que a estacional.
  • O SERGAS ten dous teléfonos de información, un de pago e outro non 902400116 - 981953400.
Finalmente recomendamos a lectura dunha carta: http://www.elmundo.es/elmundosalud/blogs/profesionsanitaria.html
  
  Un saúdo.




A maioría da información aquí reflectida atopámola nas páxinas dos Centros para o Control de Enfermidades de Atlanta (http://www.cdc.gov/h1n1flu/espanol/ ) ou Europea ( http://ecdc.europa.eu/en/healthtopics/Pages/Influenza_A(H1N1)_Outbreak.aspx ), na da Organización Mundial da Saúde (http://www.who.int/csr/disease/swineflu/en/index.html ), na do
Ministerio de Sanidad ( http://www.msps.es/servCiudadanos/alertas/gripeAH1N1.htm) e no portal da Xunta de Galicia (http://www.sergas.es/MostrarContidos_Portais.aspx?IdPaxina=62535)
A foto de Boo e Sully ( o "monster asustado") tamén a atopamos na rede,  http://drezx.deviantart.com/art/Boo-and-Sully-16396107