Este ano abalamos

Este ano abalamos
Os cartos públicos deberían ser para o ensino público

miércoles, 29 de diciembre de 2010

O segundo trimestre no noso colexio

Unha vez rematadas as obras do cambio de cuberta (con un lixerisimo retraso de...¿tres meses?) o segundo trimetre parece que comenzara no noso colexio, desde a direccion do centro se nos enviou unha circular na que nos explicaban as consecuencias de volver o noso, os colgamos dita circular para que seades conscientes dos cambios. Creemos que son axeitados e precisos sobretodo para a seguridade dos nosos fillos.

sábado, 30 de octubre de 2010

Axudas do Concello para Material escolar e transporte

Axuntamos información que nos achega a Concellería de Educación e Xuventude do noso concello.


Desde a Concellaría de Educación e Xuventude comprácenos informarte das axudas ás familias para o material escolar e das axudas económicas para o transporte do alumnado.

Agardando que esta información sexa do voso interese, recibide un cordial saudo.
Concellaría de Educación e Xuventude.
Oficina Municipal da Xuventude.
Avda. da Mariña s/n
15160 Sada
Tlf: 981620331
xuventude@concellodesada.com

Si queredes baixar as convocatorias e os impresos picade aquí

jueves, 16 de septiembre de 2010

O voto responsable.

Setembro 2010
O voto responsable              
O pasado 3 de setembro o pleno municipal  aprobou o cambio de usos dos terreos necesarios para la ampliación do CEIP Sada y sus contornos.  O documento foi redactado por técnicos e cumpría  con todos os informes administrativos necesarios para a súa redacción. A nosa asociación fixo un chamamento ao voto responsable:  a  responsabilidade de saber que ese é o documento imprescindible para a necesaria ampliación das instalacións do colexio; a responsabilidade de saber que todos os programas electorais das pasadas eleccións municipais defenden  a necesidade  de mellorar as instalacións do  colexio e a responsabilidade de saber que a ampliación do colexio e un ben para toda a poboación de Sada posto que se trata do único colexio público no casco urbano do noso concello. O voto responsable suporía, entendíamos nós, a aprobación do documento cun gran consenso entre as diferentes forzas políticas.
O sucedido xa é coñecido por todos: oito votos a favor (do equipo de goberno), tres en contra (ASU e PDSP) e catro abstencións (PP e non adscritos); Non  se presentaron os portavoces do PP (José María Hernández Cochón) nin do PDSP (Emilio Gómez).
Entendemos e compartimos a postura dos que se pronunciaron a favor do cambio de usos posto que a ampliación das instalación do CEIP é o único xeito de conquerir un colexio urbano de calidade.
Non compartimos a postura de ASU que basea a sua negativa nunha diferente concepción do valor do solar. En calquera caso o xeito de expresala ben pode parecer que está a defender os intereses particulares frente ao ben xeral.
Aínda que na súa  intervención o edil do PP Fernando Campos respaldou a ampliación do colexio "Queremos un centro educativo en el centro y tenemos la suerte de contar con uno que es cultura y parte de la historia de Sada" ( La opinión 4 de setembro de 2010), a súa abstención parece obedecer máis a directrices do seu secretario xeral (curiosamente ausente no pleno) que ao verdadeiro interés do PP en ampliar o CEIP posto que era parte do seu programa electoral, e todas as Consellerías ( do Partido Popular de Galicia) polas que pasou o documento emitiron informes favorables.
Abstención tamén por parte dos non adscritos que sabedores de que esta é a única solución para que Sada conte cun colexio urbano optaron por “non opoñerse” ao cambio de usos da parcela.
A negativa do PDSP non é compartida nin entendida pola nosa asociación. Segundo a súa portavoz  ¿accidental?, Yolanda Ansede, “los terrenos no son los más idóneos” ,  porque coa súa recalificación  “su valor se ve reducido de forma considerable". E porque se debe “velar no sólo por los intereses públicos, sino también en ciertas ocasiones por los privados” (La Opinión 4 de setembro) opinión que é totalmente contraria á declaración de Emilio Gómez (ao igual que o secretario do PP, ausente) na que sendo “Concejal Delegado de Urbanismo del Ilmo. Ayuntamiento de Sada”  comprometíase en 2007 a adicar  esos terreos á ampliación do “Colegio Sada y sus contornos”.
En definitiva, aprobación do cambio de uso nun  pleno no que incluso as ausencias dos portavoces habituais do PP e PDSP parecen responder a un xeito de non entorpecer a xusta e necesaria dotación dunhas instalacións dignas para o colexio urbano de Sada.                                                                                
Un saúdo.
Xunta Directiva. 

miércoles, 8 de septiembre de 2010

Resumo da reunión informativa convocada pola Dirección do Colexio



Para aqueles que non poidestes asistir á xuntanza informativa convocada pola dirección do centro facemos un pequeno resumo dos principais puntos tratados e dúbidas xurdidas.




Qué pasou?

A obra de sustitución do tellado foi unha "promesa" da Consellería de Educación para o verán do ano pasado. Por diferentes motivos (cambio de goberno, erros de cálculo dos presupostos, ...) a obra aprazouse para este ano. O goberno local si cumpre en 2009 o seu compromiso de pintado das instalación e obras internas coma o entarimado de algunhas aulas.
Dende principios de ano a Dirección do centro recordou á Consellería a necesidade de axustar os tempos de realización da obra pois a marxe de manobra, xullo e agosto, era moi xusta para unha obra de gran envergadura e nun edificio singular, era curta. Había que comezar canto antes e por tanto a parte técnica (redacción do proxecto e solicitude dos permisos correspondentes) debería estar arranxada antes do final de curso.



Por qué me entero pola prensa?
Durante o verán e imposible contactar con todos vós telefónicamente. O único xeito de comunicación era a "virtual" polo que decidimos informarvos por correo electrónico, polo noso grupo de facebook e mediante este espazo web.









Por qué ocorreu esto? Quen foi o responsable?

Porque non se cumpriron os prazos acordados para o remate da obra. A ANPA decatouse xa en xullo de que as obras non iban ao ritmo axeitado. Os contactos foron inmediatos e constantes coa Dirección do centro e coa Concellería de Educación de Sada. Embargantes non fomos quen de contactar coa Consellería ata que decidimos enviar a nota de prensa.


En calquera caso a ANPA non buscou responsables, senón solucións. Froito desa búsqueda e do traballo en común das partes implicadas (Dirección de centro, Consello escolar, Concello de Sada, Consellería de Educación e a nosa asociación de nais e pais) chegamos á conclusión de que a menos mala das solucións baralladas pasaba por:
  1. Reubicar ao alumnado nun espazo que fose “suficiente” e que non causase trastornos a outras comunidades escolares.
  2. Unha vez solucionado o punto anterior, continuar coa obra de reparación do tellado ata a súa finalización definitiva. Se o primeiro punto non se cumpría, a solución proposta era rematar a parte empezada e paralizar o resto das obras.



Cando empezan as clases?
O venres 17 de setembro, unha semana máis tarde que o resto de colexios de primaria. Como as instalación son descoñecidas para o alumnado, o primeiro día vai ser unha xornada de toma de contacto coa ubicación provisional; polo tanto non é necesario nin recomendable que os nenos leven moito material escolar. Ese día está previsto que os titores den a lista de material a utilizar durante o curso.





Onde ?
Nas instalacións do Albergue de la Marina, no limite dos concellos de Sada e Bergondo, a uns 2 km do colexio.













Cómo levamos aos nenos?

A Consellería facilitará un servizo de transporte escolar mentres dure a ubicación provisional. Como todo servizo de transporte escolar, contará con coidadores segundo a normativa vixente.

Sairá un autobús dende as casas dos mariñeiros en Fontán ás 8:30 horas e dous mais desde a parada de buses de Sada ás 8:45. Os primeiros día temos que estar un pouquiño antes. A partir do luns 20 os informaremos se hai reaxustes de horarios.







Podemos levar ás nenas en coche?


A entrada no recinto está prohibida para os turismos por dous motivos: Por seguridade e por organización. Podedes aparcar nas imnediacións e entra no albergue andando pero nese caso tede en en conta que os autobuses e os coches dos profesores sí teñen permitido o acceso.






Cómo son as instalacións? son seguras? non hai unha piscina?
A seguridade é a máxima preocupación de toda a comunidade escolar (Dirección, Consello escolar e ANPA) polo que extremaranse as medidas para garantila:
  • Limitaranse os espazos aos que se pode acceder.
  • Hai piscina pero non está autorizado o seu uso e se atopa limitada por un perímetro de seguridade formado por vallas de dous metros de alto.
  • Poderedes visitar as instalacións o vindeiro Martes 21 de setembro de 16:00 á 17:00 horas. Será unha visita guiada polo titor do voso fillo.



A miña nena come no cole ¿Cómo fago?
O servizo de comedor comeza o luns día 20 de setembro.
Sairá o bus do comedor un pouquiño antes que o resto, como o ano pasado para levar ós nenos a O Mosteirón. A novedade é que os nenos permanecerán en O Mosteirón ata un pouco antes das 16:00 horas onde os collerá o bus de volta á parada de Sada (non haberá parada de comedor en Fontán).




Actividades extraescolares
As actividades extraescolares tamén resultaron afectadas co cambio de instalacións e temos que replantexar todo o traballo feito desde maio. En canto teñamos a oferta rematada (dous ou tres días) informaremos por medio desta mesma páxina.













Ata cando vai durar este enredo?
Non o sabemos. A empresa dí que ata finais de outubro e a Consellería que ata o 20 de novembro. Nós non podemos dar unha data pero sí faremos un seguimento indirecto da obra.














Quédanme dubidas
        Se tedes algunha inquietude non dubides en contactar con nós e contestarémosvos o mais axiña posible:


Agradecemento:
  • A ANPA agradece á Dirección do Colexio e a Concellería de Educación de Sada todo o esforzo realizado para conquerír que un inicio de curso que se presentaba nefasto poida ser levar a cabo coa maior "normalidade" que permiten as circunstancias actuáis. 
  • Tamén poñemos en alza a laboura feita pola Consellería de Educación (Xefatura Territorial de A Coruña) despois da xuntanza que mantivo con nós e lle brindamos de novo a nosa colaboura nos temas que atinxan a nosa comunidade escolar.

miércoles, 1 de septiembre de 2010

Información do CEIP "Sada y sus contornos"

Axuntamos a Circular informativa enviada hay uns minutos  polo CEIP “Sada y sus contornos”: 

1.     Debido os retrasos no añamo da cuberta do noso centro haberá un retraso no inicio das clases.

2.     Está previsto utilizar de forma provisional o Albergue da Marina Española. 

3.     A Concellería De Educación De Sada cedeu un local situado no baixo das Oficinas Da Xuventude como oficina administrativa. O horario de atención ás familias será de 9:00 á 10:30 horas.


Para informar da situación está convocada a seguinte xuntanza informativa:
Ø  Día:    Martes, 7 de setembro.
Ø  Hora: 19:30 horas
Ø  Lugar : Auditorio da Casa da Cultura.


Por favor comunicade o contido desta circular a todas as familias da nosa comunidade escolar.

viernes, 27 de agosto de 2010

Un ano máis, o curso escolar non empezará con normalidade no CEIP Sada y sus contornos.

     Bos Días:
En relación ás palabras publicadas en “La Opinión” do pasado xoves 26 de agosto segundo as cales “La Xunta destacó ayer que proyecta las obras en los centros educativos en verano para que estén listas para el inicio del curso escolar, ´para el que todavía faltan 15 días´" dende a nosa asociación queremos facer algunhas puntualizacións:

-A obra de reparación do tellado do CEIP Sada y sus contornos foi comprometida para o verano pasado pero a execución retrasouse ata o 2010. Non entendemos pois porque non comezou ata un mes e medio despois do remate do curso pasado pois supoñemos ou queremos supoñer que se fixeron todos os trámites pertinentes.

-Non sabemos de onde saca os números a Consellería para afirmar que “faltan 15 días” posto que o único documento ó respecto que atopamos é a Orden de 3 de junio de 2010 DOG nº 112 do 15 de xuño que di que “El curso académico abarcará desde el día 1 de septiembre de 2010 hasta el 31 de agosto de 2011” polo que en menos dunha semana o colexio debería estar listo para o mencionado inicio de curso.

- Efectivamente nese mesmo documento, asinado polo Concelleiro De Educación, tamén di que “las actividades lectivas se realizarán del día 10 de septiembre de 2010 al 22 de junio de 2011, ambos inclusive” Tomamos a palabra da Xunta no tocante a que as obras estén listas para o inicio das clases, pero lembramos que xa non quedan 15 días senón 13. En calquera caso a continuación axuntamos as fotos feitas hoxe ás 14:15 horas:

Cubertas aínda sin desmontar.



Única cuberta desmontada.



Se observa que dentro do edificio non hay mais que andamios e cobertores plásticos pero para A Consellería de Educación, "aínda quedan 15 días".

 Continuaremos obxectivando neste espazo web o ¿avance? das obras así como o tempo que queda para o inicio das clases.



- Afírmase tamén que "la jefa territorial de Educación en A Coruña, María Teresa Villaverde, se reunirá el lunes con la directiva del Sada y sus Contornos y el ANPA.”
É certo, acordou unha xuntanza coa directiva do colexio e con nós, pero acordouna onte, despois da nota de prensa que enviamos tras non recibir resposta ás numerosas peticións que dende a Comunidade Escolar do CEIP de Sada y sus contornos fixemos ao seu gabinete durante o mes de agosto. Onte falou por primeira vez con nós para nos confirmar a data e hora da xuntanza.
 
-Dende a nosa asociación, como sempre fixemos, brindamos a nosa colaboura a calquera institución que cumpra un só requisito: velar polos dereitos da nosa comunidade escolar. O único matiz é que despois de tantas e tantas promesas incumpridas, xa non creemos nas verbas senón nos feitos. E neste caso o feito e que, a pesar de que desexaríamos estar equivocados, por enésimo curso consecutivo as clases non empezarán con normalidade no CEIP Sada y sus contornos.

Un saúdo.
Xunta directiva.

miércoles, 25 de agosto de 2010

¡¡ATENCIÓN!! PROPOÑEMOS SUSPENDER AS OBRAS DO TELLADO.



Ante ó cúmulo de despropósitos que vimos observando diariamente e xa desde antes do inicio nas obras de cambio de tellado no Colexio, dende a Xunta Directiva pensamos que a única opción viable a estas alturas é rematar a parte xa desmontada e SUSPENDER o resto da obra.


Quedan 15 días para o comezo das clases (sete días para o comezo da actividade no colexio) e polo que temos constatado o remate da obra non sería antes de dous ou tres meses. E non estamos dispostos a estar ese tempo noutra ubicación e tampouco a que os nosos nenos queden na casa.


Durante o presente mes tentamos comunicar en varias ocasións co departamento da Consellería de Educación que é responsable da obra, a Xefatura territorial de A Coruña, pero de momento non obtivemos resposta. Polo tanto, con data de onte, Martes, enviamos unha nota ós medios de comunicación para que se fagan eco da nosa xustificada preocupación.


Queremos facer un chamamento ós nosos socios para que permanezan atentos ás novas que lles enviaremos vía correo, vía web e no facebook porque imos necesitar a súa implicación, e mesmo os convocaremos a unha xuntanza urxente nos próximos días no que lles explicaremos a problemática polo miudo.

Queda patente unha vez mais a desidia e incompentencia que amosa a Consellería de Educación ante o noso centro, un centro público. Abalamos?


Un saúdo.



miércoles, 28 de julio de 2010

Trabajos en el colegio cambio de tejado

Desde aqui intentaremos hacer un seguimiento a las obras del cambio de tejado en el colegio.
Segun sabemos llevan trabajando desde aproximadamente el 15 de Julio, aunque no se veia movimiento desde la calle. Estivieron o estan quitando los falsos-techos a las clases afectadas.


Ahora por fin se ve algo desde fuera. Lo que no pudieron los temporares a lo largo de 80 años vienen estos y lo consiguen. Tiraron el muro ¡pero ese lado no era! tenian que tirarlo por la parte de arriba del cierre. que es donde esta peor.

Sada 09-08-2010 Esta semana nos pusieron una caseta de obra , parece que poco a poco se van viendo cosas
Tambien no pusieron una grua, parece que la cosa va en serio, lo que pasa es que el tiempo se acaba y el comienzo del curso se ve cerca y la obra no avanza como quisieramos











viernes, 25 de junio de 2010

Non temos vacacións



Ante os acontecementos que nos esperan para o curso que ven, dende a Xunta Directiva vos informamos de que este ano tampouco nos imos de vacacións. Estamos xa a traballar nos seguintes temas:
·      Servizo de comedor.
·      Ampliación.
·      Plurilingüismo.
·      Fin de gratuidade dos libros de Texto.
·      Informatización dos CEIPS: Proxecto Abalar.
·      Actividades Extraescolares.
·      Descontos para socios da ANPA en  material escolar.

            Tentaremos ofreceros a información o mais puntual posible de dúas formas:

1.        A través deste blog.
2.        Para os que queirades un seguimento máis activo e directo estamos a crear un perfil en Facebook que contará cun grupo exclusivo para os socios da ANPA. Para solicitar acceso debedes solicitalo ó noso correo electrónico: anpa.sadaysuscontornos@gmail.com .  


Felices vacacións.

Xunta Directiva.

viernes, 11 de junio de 2010

Festa de fin de curso


O vindeiro domingo temos a “xornada de actividades” organizada pola empresa “Motus” nas súas instalacións de Neda.  Salvo imprevistos de última hora o programa é o seguinte:
  • Aínda que solicitamos que non chova o domingo (a cambio dun pouco de vento do norte), recordade que imos facer sendeirismo polo que recomendamos levar calzado e ropa axeitadas.
  • Quedamos ás 10:00horas  na  PARADA DE AUTOBUSES DE SADA, fronte ó Hotel Sada Marina. Procurade ser puntuais pois temos que organizar a distribución nos dous autobuses que nos levarán a Neda. A hora prevista de saída dos mesmos é as 10:15. Para os que ides en coche a mellor opción, segundo a información da  web da empresa organizadora, é coller a estrada dirección Ferrol e pasado Pontedeume coller a autopista (en Cabanas) dirección Ferrol ata a SALIDA 31F onde collemos a AC-115 dirección Neda, logo a AC862 e por último a CP-5503. Se tedes GPS as coordenadas son  43.49536ºN; 8.12537ºW.
  • Chegaremos a  Neda ás 11:30 para organizar os  grupos. Ás 12:00 horas comezan as actividades que seguirán a orde que estime a empresa organizadora e que xa vos axuntamos na anterior circular. Se alguén a extraviou pode accder a ela desde aquí.
  •  O remate das actividades organizadas pola empresa está previsto para as 18:00 horas. Poderemos utilizar as instalacións para facer unha pequena merenda ofrecida pola asociación pero lembramos que non haberá monitores nin a empresa responde de accidentes ou destrozos. Esta prohibido utilizar o resto de instalacións e cada familia será responsable dos seus nenos.
  • Despois da merenda faremos un sorteo entre os socios dun vale para utilizar na Tintorería  Tin Sec  e unha consola Wii  donada por Supermercados GADIS.
Voltaremos ás 20:00horas

jueves, 1 de abril de 2010

Máis de vinte mil sinaturas pola continuidade do sistema de empréstamo.



      A prensa de onte  fíxose  eco da xuntanza que  mantiveron, membros da Plataforma pola gratuidade, co "Valedor do Pobo"  a quen lle fixeron entrega de 23.000 sinaturas. Nesa reunión, os representantes das demandas plantexaron e argumentaron a súa reivindicación Parece que foi un bo anfitrión. Imos ver.

          A plataforma, constituída o pasado verán, recorda que o sistema adoptado por Feijoo é máis caro para as arcas da Administración. «A isto hai que engadir que os nenos coidaban moito máis os libros prestados», sostivo Rosario Varela, que acudiu a Santiago acompañada de pais de toda Galicia. O valedor comprometeuse a exercer de mediador ante a Consellería de Educación. Os portavoces da plataforma demandáronlle a elaboración dun estudo comparativo de gastos entrambos dous sistemas o empréstamo e o sistema actual, 'moitísimo mais caro'.


Esta noticia foi extraida dos seguintes enlaces:


viernes, 26 de marzo de 2010

Presupostos Municipales 2010 e CEIP Sada y sus contornos


Ante a lóxica preocupación que algúns pais nos achegástedes  polas  recentes declaracións aparecidas nos diarios "La Opinión -Coruña-"e "El Ideal Gallego" nas cales a  Concelleira de Educación de Sada, Dona Raquel Bolaño  afirma que  “La Concejalía de Educación e Xuventude de Sada advirtió que sin presupuesto municipal para 2010, tendrá que renunciar a continuar con el plan de mejoras en los centros escolares  lo que le impedirá,  entre otros asuntos,  ampliar el CEIP Sada y sus Contornos y ofrecer a su alumnado el servicio de comedor,  esta asociación manifesta que  maila que o mellor xeito de  acadar os obxectivos da Concellería de Educación é contar cunha partida orzamentaria anual, está non é a  única vía. Estamos seguros, de que ten que haber outros métodos para destinar partidas orzamentarias para as necesidades educativas non só do noso colexio, senón tamén para as de toda a comunidade escolar de Sada .

En definitiva entendemos que  son declaracións que se deben entender como “informativas” cara a opinión pública de Sada pero que non implicarán  unha diminución nas melloras  que se teñen logrado nos últimos tempos no eido da Educación en Sada. En calquera caso, esta asociación fará un seguimento do tocante dos investimentos nun servizo tan esencial como é a educación dos nosos nenos e fai unha chamada a responsabilidade de todos os grupos políticos de Sada para  conquerir os compromisos que no seu día  adquiriron con esta   comunidade escolar.

domingo, 21 de febrero de 2010

Teremos convenio de comedor este curso?

    Como vos  estamos a informar dende  o primeiro día de curso, temos un conflito aberto coa Consellería de Educación  polos atrancos que nos está a crear para que dispoñamos do servizo de comedor. Como sabedes, tras solicitar a renovación  do convenio en abril de 2009, non foi ata o mes de novembro cando a Xunta enviou un borrador do convenio para o presente curso. En menos de 72 horas esta comunidade (ANPA, Concello e Dirección do Centro) presentamos as correccións que consideramos  pertinentes. Tras diso e non poucas chamadas telefónicas todo parecía indicar que  “a volta das vacacións de Nadal” teríamos o convenio asinado.
A finales de xaneiro se nos informa que a Consellería non só non fixo nada senón que pretende que mandemos ós nenos ó comedor  “sen necesidade de convenio, feito ó que nos negamos rotundamente posto que isto suporía dificultades para o contrato do servizo de transporte (que a Xunta nos nega posto que non nos considera centro transportado) e que  en calquera momento quedemos fora do servizo do comedor, posto que legalmente “non hai papeis”.
 Diferentes medios como  La Voz de Galicia e La Opinión  fixeron eco da nosa situación e non foi ata o mércores pasado cando o Concello de Sada reenviounos un segundo borrador do convenio que lle falicitaron da Consellería.  Mañán cursaremos as nosas alegacións  a este segundo borrador e ademáis solicitaremos unha nova petición de xuntanza coa responsable do servizo de comedor. En espera de que se por fin se asine o convenio para o presente ano, a pelota volta a estar do lado da Consellería.