Este ano abalamos

Este ano abalamos
Os cartos públicos deberían ser para o ensino público

viernes, 11 de junio de 2010

Festa de fin de curso


O vindeiro domingo temos a “xornada de actividades” organizada pola empresa “Motus” nas súas instalacións de Neda.  Salvo imprevistos de última hora o programa é o seguinte:
  • Aínda que solicitamos que non chova o domingo (a cambio dun pouco de vento do norte), recordade que imos facer sendeirismo polo que recomendamos levar calzado e ropa axeitadas.
  • Quedamos ás 10:00horas  na  PARADA DE AUTOBUSES DE SADA, fronte ó Hotel Sada Marina. Procurade ser puntuais pois temos que organizar a distribución nos dous autobuses que nos levarán a Neda. A hora prevista de saída dos mesmos é as 10:15. Para os que ides en coche a mellor opción, segundo a información da  web da empresa organizadora, é coller a estrada dirección Ferrol e pasado Pontedeume coller a autopista (en Cabanas) dirección Ferrol ata a SALIDA 31F onde collemos a AC-115 dirección Neda, logo a AC862 e por último a CP-5503. Se tedes GPS as coordenadas son  43.49536ºN; 8.12537ºW.
  • Chegaremos a  Neda ás 11:30 para organizar os  grupos. Ás 12:00 horas comezan as actividades que seguirán a orde que estime a empresa organizadora e que xa vos axuntamos na anterior circular. Se alguén a extraviou pode accder a ela desde aquí.
  •  O remate das actividades organizadas pola empresa está previsto para as 18:00 horas. Poderemos utilizar as instalacións para facer unha pequena merenda ofrecida pola asociación pero lembramos que non haberá monitores nin a empresa responde de accidentes ou destrozos. Esta prohibido utilizar o resto de instalacións e cada familia será responsable dos seus nenos.
  • Despois da merenda faremos un sorteo entre os socios dun vale para utilizar na Tintorería  Tin Sec  e unha consola Wii  donada por Supermercados GADIS.
Voltaremos ás 20:00horas