Este ano abalamos

Este ano abalamos
Os cartos públicos deberían ser para o ensino público

domingo, 21 de febrero de 2010

Teremos convenio de comedor este curso?

    Como vos  estamos a informar dende  o primeiro día de curso, temos un conflito aberto coa Consellería de Educación  polos atrancos que nos está a crear para que dispoñamos do servizo de comedor. Como sabedes, tras solicitar a renovación  do convenio en abril de 2009, non foi ata o mes de novembro cando a Xunta enviou un borrador do convenio para o presente curso. En menos de 72 horas esta comunidade (ANPA, Concello e Dirección do Centro) presentamos as correccións que consideramos  pertinentes. Tras diso e non poucas chamadas telefónicas todo parecía indicar que  “a volta das vacacións de Nadal” teríamos o convenio asinado.
A finales de xaneiro se nos informa que a Consellería non só non fixo nada senón que pretende que mandemos ós nenos ó comedor  “sen necesidade de convenio, feito ó que nos negamos rotundamente posto que isto suporía dificultades para o contrato do servizo de transporte (que a Xunta nos nega posto que non nos considera centro transportado) e que  en calquera momento quedemos fora do servizo do comedor, posto que legalmente “non hai papeis”.
 Diferentes medios como  La Voz de Galicia e La Opinión  fixeron eco da nosa situación e non foi ata o mércores pasado cando o Concello de Sada reenviounos un segundo borrador do convenio que lle falicitaron da Consellería.  Mañán cursaremos as nosas alegacións  a este segundo borrador e ademáis solicitaremos unha nova petición de xuntanza coa responsable do servizo de comedor. En espera de que se por fin se asine o convenio para o presente ano, a pelota volta a estar do lado da Consellería. 

1 comentario:

Xunta directiva. Anpa As mariñas dijo...

O pasado 4 de marzo, os asinantes do convenio do comedor (Concello, Consellería de Educación e ANPA) tivemos unha xuntanza en Santiago. Por parte da Consellería acudiron as máximas autoridades no referente ó comedor, o Secretario Xeral de Educación, José Luis Vázquez Fernández e a Subdirectora Xeral de Xestión Orzamentaria e de Recursos Educativos Complementarios, Ana Ornilla. Por parte da nosa comunidade escolar estiveron presentes, Raquel Bolaño representando ó Concello, Miguel Gayoso coma director do centro, e dous representantes da nosa Xunta Directiva.
Nesa xuntanza se nos asegurou que houbo, hai e haberá vontade política para continuar co servizo de comedor no noso colexio.
Falamos do convenio para este ano no que se aceptou a nosa reivindicación de coidado dos nenos ata a súa recollida no noso centro polos pais ou monitores. Tamén dos orzamentos especiais para a xestión por parte da dirección do colexio e o pago ás coidadoras, que non se reflectirá no convenio posto que hay unha bolsa específica para eses gastos.
Falamos tamén dos vindeiros cursos e acordamos estudar unha fórmula adecuada entre Concello e Xunta para darlle continuidade o servizo sen necesidade de facer un novo proceso cada ano (outra das nosas reivindicacións).
Maila boa disposición amosada polo secretario e a subdirectora, a día de hoxe aínda está sin asinar o convenio según eles por atrancos dos servizos xurídicos. Onte xoves enviamos un correo a Subdirectora solicitando axilidade na sinatura do convenio. A nosa insistencia se debe a que para nós as boas vontades non son suficientes para dotar un servizo tan necesario na nosa comunidade.