Este ano abalamos

Este ano abalamos
Os cartos públicos deberían ser para o ensino público

jueves, 1 de abril de 2010

Máis de vinte mil sinaturas pola continuidade do sistema de empréstamo.



      A prensa de onte  fíxose  eco da xuntanza que  mantiveron, membros da Plataforma pola gratuidade, co "Valedor do Pobo"  a quen lle fixeron entrega de 23.000 sinaturas. Nesa reunión, os representantes das demandas plantexaron e argumentaron a súa reivindicación Parece que foi un bo anfitrión. Imos ver.

          A plataforma, constituída o pasado verán, recorda que o sistema adoptado por Feijoo é máis caro para as arcas da Administración. «A isto hai que engadir que os nenos coidaban moito máis os libros prestados», sostivo Rosario Varela, que acudiu a Santiago acompañada de pais de toda Galicia. O valedor comprometeuse a exercer de mediador ante a Consellería de Educación. Os portavoces da plataforma demandáronlle a elaboración dun estudo comparativo de gastos entrambos dous sistemas o empréstamo e o sistema actual, 'moitísimo mais caro'.


Esta noticia foi extraida dos seguintes enlaces: